|
Cartaz do IV Congreso TADEGa |
A asociación TADEGa
(Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) celebra o
seu congreso bianual en Vigo os días 11 e 12 de decembro en Afundación,
rúa Policarpo Sanz 24-26.
Trátase do IV Congreso que declara as súas
intencións baixo o atraente apelido de Diversidade, Universo dixital e
Inclusión. Hai inscrición bonificada
até o 22 de novembro.
O obxectivo de TADEGa é penetrar na realidade
educativa galega para que a atención á diversidade optimice as solucións
dixitais e así poder garantir unha educación de calidade e personalizada onde a
tecnoloxía sexa unha ferramenta para este fin.
Resumo do programa:
- Venres 11 Decembro
- 16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
- 17.00 a 17.30: Benvida e inauguración: Miguel Ángel Valero
Duboy, Director do CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos
Sociais e Igualdade.
- 17.30 a 18.45: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica
lexislativa e solucións.
- Mª Cruz da Silva Rubio.
- Venancio Graña Martínez.
- Mª Luz López Díaz.
- Mª Esther Núñez Pintos.
- Ánxeles Rivela Machado.
- 18.45 a 19.00: Descanso.
- 19.00 a 21.00: Obradoiros I.
- Sábado 12 Decembro
- 09.30 a 11.30: Obradoiros II.
- 11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores.
- 12.00 a 14.00: Obradoiros III.
- 14.00 a 16.00: Descanso.
- 16.00 a 17.30: Obradoiros IV.
- 17.30 a 18.00: Comunicacións libres e pósteres.
- 18.00 a 19.30: Obradoiros V.
- 19:30 a 20:00: Conclusións Finais.
- 20:00 h: Actuación sorpresa.
Obradoiros do IV
Congreso
- Tablets e dispositivos móbiles. Organización por
recunchos:
- Creación de contidos: Antonio Escudero Feijoo.
- Escritura creativa: Susana Lamela.
- Intelixencias múltiples: Iago José Corral López.
- SAAC (Sistemas de Comunicación Aumentativa ou
Alternativa): Jaime Vidal.
- Estratexias na aula para o cambio educativo liderado
polo profesorado. Raquel Pedrouso.
- Gamificación no proceso da aprendizaxe. Raquel
Pedrouso.
- Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a
autonomía persoal. BJ Adaptaciones.
- Presentación da app Comunicación Total. Asociación
DIVERTIC.
- Monta o teu Robot de Aula por Xabier Rosas do equipo
Escornabot.
- Obradoiro do CEAPAT pendente de confirmación.
Enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario