Páginas

martes, 27 de octubre de 2015

IV Congreso TADEGa: Diversidade, Universo dixital e Inclusión



Cartaz do IV Congreso TADEGa

A asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) celebra o seu congreso bianual en Vigo os días 11 e 12 de decembro en Afundación, rúa Policarpo Sanz 24-26.
Trátase do IV Congreso que declara as súas intencións baixo o atraente apelido de Diversidade, Universo dixital e Inclusión.  Hai inscrición bonificada até o 22 de novembro.
O obxectivo de TADEGa é penetrar na realidade educativa galega para que a atención á diversidade optimice as solucións dixitais e así poder garantir unha educación de calidade e personalizada onde a tecnoloxía sexa unha ferramenta para este fin.
Resumo do programa:
- Venres 11 Decembro
  • 16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 a 17.30: Benvida e inauguración: Miguel Ángel Valero Duboy, Director do  CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade.
  • 17.30 a 18.45: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións.
    1. Mª Cruz da Silva Rubio.
    2. Venancio Graña Martínez.
    3. Mª Luz López Díaz.
    4. Mª Esther Núñez Pintos.
    5. Ánxeles Rivela Machado.
  • 18.45 a 19.00: Descanso.
  • 19.00 a 21.00: Obradoiros I.
- Sábado 12 Decembro
  • 09.30 a 11.30: Obradoiros II.
  • 11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores.
  • 12.00 a 14.00: Obradoiros III.
  • 14.00 a 16.00: Descanso.
  • 16.00 a 17.30: Obradoiros IV.
  • 17.30 a 18.00: Comunicacións libres e pósteres.
  • 18.00 a 19.30: Obradoiros V.
  • 19:30 a 20:00: Conclusións Finais.
  • 20:00 h: Actuación sorpresa.
Obradoiros do IV Congreso
  1. Tablets e dispositivos móbiles. Organización por recunchos:
    1. Creación de contidos: Antonio Escudero Feijoo.
    2. Escritura creativa: Susana Lamela.
    3. Intelixencias múltiples: Iago José Corral López.
    4. SAAC (Sistemas de Comunicación Aumentativa ou Alternativa): Jaime Vidal.
  2. Estratexias na aula para o cambio educativo liderado polo profesorado. Raquel Pedrouso.
  3. Gamificación no proceso da aprendizaxe. Raquel Pedrouso.
  4. Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal. BJ Adaptaciones.
  5. Presentación da app Comunicación Total. Asociación DIVERTIC.
  6. Monta o teu Robot de Aula por Xabier Rosas do equipo Escornabot.
  7. Obradoiro do CEAPAT pendente de confirmación.
Enlaces:

No hay comentarios:

Publicar un comentario