TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na
Educación Galega) e CampUSCulturae organizan o III Congreso de Tecnoloxías de
Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Celebrarase durante os días 8 e 9 de novembro de 2013 na Facultade de
CC da Comunicación de Santiago de Compostela.
Os organizadores pretenden que o caracterice as seguintes notas:
|
Cartaz que anuncia as actividades de TADEGA para o curso 2013/14 |
- O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non),
é a persoa.
- A inclusión como obxectivo: o que non é para todos,
non serve.
- A accesibilidade e usabilidade como condicións
imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión.
- A atención á diversidade é un reto, precisa
axuda, e o obxectivo é brindala.
Os obxectivos parten das 4 necesidades
básicas detectadas:
- Formación no aproveitamento do dixital e na atención
á diversidade.
- Encontros para o intercambio de experiencias e
recursos.
- Promoción dos valores da inclusión, da
accesibilidade e da usabilidade.
- Investigar no desenvolvemento de ferramentas e
servizos de utilidade.
O programa é o seguinte:
Venres
·
A
irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos.
·
Mesa
redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
Sábado
Na xornada do sábado
haberá 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes
elixan libremente 3 títulos do seu interese de entre múltiples posibilidades:
·
Obradoiro
ACCEGAL.
·
Plataformas
escolares Edmodo.
·
Tablets e
dispositivos móbiles Android.
·
Dispositivos
móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC.
·
Experiencias
de traballo con ANEAE na aula.
·
Comunicación
total. Proyecto Habla Signada.
·
Proxecto Sígueme.
·
Proxecto PictoAplicaciones.com.
·
Obradoiro
de solucións personalizadas con Arduíno.
·
Construción
de pulsadores. CEAPAT.
·
Adaptación
de xoguetes. CEAPAT.
·
BJ Adaptaciones.
·
Actividades
de inclusión a través da danza.
Actuación
de María Fumaça.
Enlace ao sitio web de TADEGa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario