Páginas

domingo, 29 de septiembre de 2013

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013



TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) e CampUSCulturae organizan o III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Celebrarase durante os días 8 e 9 de novembro de 2013 na Facultade de CC da Comunicación de Santiago de Compostela.
Os organizadores pretenden que o caracterice as seguintes notas:
Cartaz que anuncia as actividades de TADEGA para o curso 2013/14
  • O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa.
  • A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve.
  • A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión.
  • A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala.
Os obxectivos parten das 4 necesidades básicas detectadas:
  • Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade.
  • Encontros para o intercambio de experiencias e recursos.
  • Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade.
  • Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade.
O programa é o seguinte:
Venres
·         A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos.
·         Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
Sábado
Na xornada do sábado haberá 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes elixan libremente 3 títulos do seu interese de entre múltiples posibilidades:
·         Obradoiro ACCEGAL.
·         Plataformas escolares Edmodo.
·         Tablets e dispositivos móbiles Android.
·         Dispositivos móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC.
·         Experiencias de traballo con ANEAE na aula.
·         Comunicación total. Proyecto Habla Signada.
·         Proxecto Sígueme.
·         Proxecto PictoAplicaciones.com.
·         Obradoiro de solucións personalizadas con Arduíno.
·         Construción de pulsadores. CEAPAT.
·         Adaptación de xoguetes. CEAPAT.
·         BJ Adaptaciones.
·         Actividades de inclusión a través da danza.
Actuación de María Fumaça.
     Enlace ao sitio web de TADEGa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario