A asociación TADEGa anuncia o vindeiro II CongresoTADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal de Ourense. O procedemento, o formulario e a folla de inscrición, o programa completo, os dereitos a que dá lugar a matrícula e como efectuar o pago pódense atopar na web do congreso (hai un acceso a ela ao final deste artigo). Os contidos de traballo do congreso son:
§ SAAC. Iniciativas de valor engadido. § Traducións ao galego de ferramentas de comunicación.
§ Dispositivos móbiles para a comunicación.
§ Ferramentas dixitais para familias de persoas con diversidade funcional.
§ Educación Emocional.
§ Ferramentas no risco infantil de exclusión social.
§ Ferramentas dixitais para a creación de recursos didácticos.
§ Tecnoloxías dixitais de baixo custe e/ou de elaboración propia.
§ A comunicación como recurso.
Programa:
Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa:
1.DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total…
|
Cartaz 2º Congreso |
2.CATEDU: O portal Arasaac.3.Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
Máis aló das aulas
:
1.Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis
.
2.Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal
.
3.Atención á Diversidade e dispositivos móbiles
.
4.Contos fáciles para situacións difíciles
.
Alfombra de baile e outros trebellos dixitais
.
Comunicación dixital I
:
1.Adaptacións para a discapacidade visual
.
2.Actividades con LIM na aula
.
3.Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange
.
Comunicación dixital II
:
1.Comunicador Persoal Adaptable (CPA)
.
2.Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade
.
3.Ponte nas Ondas
(Radio Pontevedra, Ourense e Portugal).
Dispositivos e adaptacións para a diversidade
:
1.DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais
.
2.Proxecto IN-TIC
.
3.Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional
.
Proxección do documental “María y yo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario