A asociación TADEGa, da que me honro ser membro, presenta este conto interactivo para nenos e nenas de 3 a 8 anos en diferentes sistemas comunicativos e soportes: texto en Galego e Castelán, pictogramas WIDGIT (marca comercial de pictogramas) como sistema de comunicación aumentativa á lingua escrita, o sistema Braille, e a lingua de signos española e galega así como as respectivas lecturas en audio.
Os obxectivos
· Contribuír á comprensión lectora.
· Familiarizar a todos no uso de diferentes sistemas de comunicación.
· Sensibilizar e fomentar no respecto á integración das alumnas e alumnos con necesidades educativas especiais.
· Proporcionar ás familias e ao profesorado axudas técnicas e materiais adaptados.
· Dar a coñecer o mundo da diversidade funcional facendo visibles as realidades que, a moitos de nós, pasan desapercibidas e ás que a sociedade precisa ver e sentir.
· Potenciar a accesibilidade e a adaptación dos contidos paraque todas e todos poidan gozar e se divertir.
Para acceder ao conto de Xandre (clic aquí)
Bitácora de TADEGa (clic aquí)
2 comentarios:
Olá Javier, alegrámonos moito de que che gustara o conto de Xandre, a verdade é que ainda non rematou e xa agardamos tanto a posta en practica do conto nas nosas aulas como novas partes e actividades.
Apertas
Fan falla iniciativas así e esta é moi boa. Parabéns a todos os que participastes nela.
Publicar un comentario