A anterior ministra de Educación, a Sra. Cabrera estaba convencida de que había que reactivar a educación inclusiva. Ao pouco tempo foi cesada, quero pensar que tal aseveración, coa que estou totalmente de acordo, non tería nada que ver con tal continxencia. Cadrando, máis ou menos, no tempo; o anterior Goberno da Xunta de Galicia sacou á luz un polémico decreto de atención á diversidade moi contestado polo restritivo e contrario á educación inclusiva e do que nunca máis se soubo.
Hoxe leo na Voz de Galicia que a reestruturación levada a cabo pola Consellería de Educación para axustar o seu orzamento tocou de cheo ao cadro de profesores de apoio. O número destes, que axudan aos alumnos que requeren atención especial na aula, se viu reducido para o novo curso nunha porcentaxe estimada do 31%. Iso provocou xa un aluvión de protestas entre os pais afectados, que comezan a facer públicos os seus casos. Para eles esa é unha medida desesperada. Chega a tal punto os recortes que en centros onde se escolarizan de forma preferente alumnos con parálise cerebral non lles adxudicaron profesores de Audición e Linguaxe.
Segundo este periódico pode comprobarse como este curso haberá nos centros de toda Galicia 208 docentes de apoio menos que no anterior. Tamén cita o periódico a un director dun centro de A Coruña que di que "lles dá igual as necesidades reais; queren reducir gastos porque ven a educación desde un punto de vista empresarial"
No hay comentarios:
Publicar un comentario