Os vindeiros 27 e 28 de maio a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organizará en Vigo unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.
Celebrarase na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza en Vigo (Policarpo Sanz, 31).
Estas xornadas forman parte dunha campaña de difusión da Convención iniciada no mes de xaneiro en Santiago de Compostela e que tiveron a súa continuidade os días 2 e 3 de a abril en A Coruña.
O Estado español, asinou e ratificou a Convención da ONU e abriu unha nova vía de reclamación dos dereitos, entrando en vigor en España dende o día 3 de maio de 2008. A partir desa data, a Convención pasa a formar parte do ordenamento xurídico español e pode ser invocada ante as autoridades políticas, xudiciais e administrativas.
Información:
Xornadas da Coruña xa celebradas (clic aquí)
Xornadas de Vigo (clic aquí)
Foro Vida Independiente (clic aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario