|
Anagrama dos encontros |
A asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) celebrará en Lugo o día 11 de xuño na Escola Universitaria de Formación do Profesorado da USC. Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. os V Encontros TADEGa: Sexualidade e diversidade funcional. “A dignidade esquecida”
Inscrición e matrícula
- Prezo único: 8 euros (asistentes persoais gratis).
- Inscrición e pago de matrícula: información nos enlaces citados ao final da entrada.
- A matrícula da dereito a:
o Asistencia aos encontros.
o Acceso á documentación.
o Certificación simple privada expedida pola asociación TADEGa.
Programa. Sábado 11 de xuño de 2011
09:00 - 09:15 Recollida de documentación.
09:15 - 09:45 Visita á exposición de traballos remitidos polos centros docentes.
09:45 - 10:00 Inauguración das xornadas.
10:00 - 11:30 Mesa redonda de experiencias. Modera D. Manuel Rivero Pérez (QCoach).
- Dª Mª Luz López Díaz (Familia e Educación).
- Dª Pilar Carballo Lado (ONCE, Pontevedra).
- Dª Ana Mª Castelao Gegunde (Familia, Asociación Raiolas e autismo).
11:30 - 12:00 Descanso.
12:00 - 14:00 Mesa redonda de expertos. Modera D. Manuel Rivero Pérez.
- D. Xosé Antón Novoa Romay (Vida independente Galicia).
- Dª Marita Iglesias Padrón (sexualidade, diversidade funcional e ser muller).
- D. Jose Luis García Fernández (Navarra. Sexualidade e discapacidade intelectual).
14:00 - 16:30 Descanso para xantar.
16:30 - 16:45 Centros Quérote (Consellería de Traballo e Benestar).
16:45 -17:30 Obradoiros simultáneos por colectivos. Mesas de autoaxuda “Quérote”.
- Mesa 1. Asociacións, xoves e adultos con diversidade funcional.
- Mesa 2. Familias de persoas con diversidade funcional.
- Mesa 3. Persoas vinculadas á Educación: titorías, especialistas, orientación, etc.
17:30 - 17:45 Posta en común e debate. Modera D. José Luis García Fernández.
17:45 -18:15 “Do límite ao ilímite. Da integración social á integración natural” Iago Santalla (Autor de “O ilímite de pensarte libre” e outros).
18:15 - 18:30 Clausura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario