Despois de que Adobe Flash Player rematase a súa vida, os 400 LIM que tiña aproximadamente tiven que eliminalos dos meus blogs; mesmo pechei un, xa que ofrecía moi pouco sen eles.
Estes LIMS que están incrustados a continuación están en linguaxe JavaScript e non teñen ningún problema. Trátase de actividades sobre o conto de Manuel Ferrero e Laura Bécares editado por ASPACE CyL titulado El reino de los mil escalones e que o administrador deste blog traduciu co título O reino dos mil chanzos.
Cuberta das actividades |
O conto trata de dar a coñecer a parálise cerebral e as actividades teñen como obxectivo a compresión lectora e a educación en valores.
Agora pódese acceder a esta edición. Hai un enlace na primeira páxina do LIM ao conto completo en *pdf. Tamén en todas as páxinas hai un acceso ao dicionario online da RAG (Real Academia Galega) por se se quere facer algunha consulta. Tamén convén por en modo pantalla completa premendo no cadrado da esquina superior dereita para evitar as posíbeis barras de desprazamento. Evidentemente hai que ter conexión a Internet nese momento para poder usar tanto o dicionario como a descarga do conto. As actividades pódense descargar nun ficheiro *zip e descomprimilo posteriormente e usalo sen conexión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario