Artigo 1.
Todos os seres humanos polo feito de naceren
son libres e iguais en dignidade e dereitos e,
tendo como teñen razón e conciencia, débense
comportar fraternalmente uns cos outros.
O Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) elaborou co gallo de 60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS un tríptico cun cartaz e unha declaración. A celebración terá lugar o vindeiro 10 de Decembro.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos celebra o 10 de Decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos recoñecidos debémolo, en boa medida, ás persoas que se sacrificaron e mesmo deron a súa vida por facelos realidade. A Declaración Universal de 1948 é o resultado dun proceso secular de declaracións de dereitos.
Nestes últimos 60 anos temos mellorado, se ben de maneira moi desigual nos diversos contextos nos que se moven as persoas e os pobos.
Aínda seguen as violacións de dereitos humanos que, por desgraza, teñen a máis tráxica actualidade como a tortura, a violencia de xénero e o éxodo que se produce nas peores condicións para saír do propio país e atopar, quizabes, a morte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario