Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. TADEGa é un foro de profesionais galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dunha forma especial, na Atención á Diversidade.
Rachar a fenda dixital e investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar as ferramentas e a metodoloxía para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais no eido da Educación son os obxectivos do grupo.
O compromiso céntrase en que a realidade educativa galega para a atención á diversidade optimice ao máximo as oportunidades que a tecnoloxía dixital pode ofrecer en cada momento.
O programa estrutúrase en torno a catro áreas temáticas: referentes as TICs en atención á diversidade, acceso compartido a contidos dixitais, integrando as TIC nas aulas e usabilidade, accesibilidade e fenda dixital e tamén se abordarán outros aspectos relacionados con estes obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario