Intención

Esta bitácora está dedicada a los alumnos con necesidades educativas especiales, sobre todo a los alumnos con discapacidad motora (parálisis cerebral, espina bífida, distrofia muscular,....); en términos de hoy, a los alumnos con diversidad funcional. También proporciona recursos para la intervención en alumnos discapacitados motóricos (principalmente con parálisis cerebral) y opiniones o noticias sobre temas educativos. Es decir: nos preocupa y nos ocupa la educación inclusiva.

Decía Carl Rogers, padre de la psicología existencial humanista, refiriéndose a la empatía, que ésta es como ponerse los zapatos del otro y hacer un buen trecho del camino. Esta bitácora pretende, también, ponerse esos zapatos.

Por otra parte, tenemos el convencimiento de que:

- La accesibilidad e inclusividad del contexto aumenta o disminuye la diferencia entre capacidad y rendimiento y hace que la persona sea más o menos discapacitada. Diseñemos contextos inclusivos.

- Una persona es más o menos competente dependiendo de cómo esté configurado su escenario vital y sus diferentes contextos. La discapacidad está en los contextos, no en las personas.

- Lo peor de una discapacidad no son los inconvenientes físicos que produce, sino la posible ausencia de bienestar psicológico y estar próximo a la exclusión social o ya inmerso en ella.

- Ningún sistema educativo se puede considerar de calidad si no tiene una respuesta para atender a la diversidad.

- El mundo está diseñado por personas sin discapacidad para personas sin discapacidad, por eso podemos afirmar que la discapacidad se construye socialmente. No contribuyamos a esto y hagamos una sociedad inclusiva.

- La institucionalización de la discapacidad es solo la materialización indeseable del principal objetivo de una sociedad excluyente.

- Para los padres: Los logros de los hijos se construyen sobre las expectativas de los padres.

_________________________________________________Javier Martín Betanzos

IMPORTANTE

IMPORTANTE

AVISO

Estimados lectores, os habréis percatado de que la mayoría de enlaces del blog no funcionan. Esto se debe al cambio que sites.google llevó a cabo en este sitio, que era donde estaban alojados los archivos (sobre todo *pdf). He recuperado los archivos, pero los enlaces seguirán sin funcionar. Si están interesados en ellos, tendrán que acceder través de estos dos enlaces y buscarlos de forma manual y solicitarme que comparta los archivos Enlace 1 y Enlace 2 Siento los problemas ocasionados. Javier Martín Betanzos

martes, 26 de septiembre de 2023

Literatura e discapacidade: Non máis aló das nubes

 

Composición fotográfica co libro obxecto deste artigo

―Mamá... Que é a normalidade?

―Un agocho cheo de xente rara!

Mafalda pregunta á súa nai.

Quino

Hai algún tempo que non escribo ningún artigo en galego na bitácora. Coido que esta é unha boa ocasión. O próximo día 28 ás 20 horas presento na Coruña en Portas Ártabras (r/ Sinagoga, 22) a novela Non máis aló das nubes editada por Medulia Editorial. E que ten que ver este evento cos tópicos habituais que publico? Pois bastante.

Non máis aló das nubes é unha novela da vida cotiá tratada dun xeito orixinal e sen personaxes arquetípicos ou, alomenos, con personaxes non habituais. Trátase dunha muller de certa idade á que seus fillos pretenden incapacitar debido ao manexo dispendioso da súa facenda, dun mozo informático cun desenvolvemento non neurotípico, dunha rapaza con problemas motores e dun mozo cun perfil cognitivo non normal e con intereses moi limitados. Xuntos forman o grupo de lectura FUCA. Preocupados pola accesibilidade universal, exhiben un comportamento sospeitoso para a policía, polo que algúns membros do grupo son detidos por esta.

Os personaxes da novela actúan dunha maneira estraña, pero as súas accións, que se caracterizan por unha rara lóxica, solucionan ou crean novos problemas que, en ocasións, provocan un sorriso ou unha gargallada. O ton da novela está impregnado de trazos característicos fortemente marcados pola ironía ou, mesmo, o sarcasmo, pero tamén hai momentos tinguidos de certo dramatismo. Se falásemos dunha obra teatral sería unha traxicomedia, sen dúbida.

Toda a novela é unha escusa para suscitar o problema dunha sociedade que segrega, dunhas persoas que voluntariamente se saen da ringleira ou que son guindadas sen ningún miramento do grupo normativo cara a un abismo aterrecedor.

Fragmento I

―Tes que axudarme en Matemáticas e Informática.

Un flash chegou a Félix en forma de idea repentina, liberadora, case mesiánica. Pasoulle sen pensalo e viu a oportunidade de que aqueles bocadillos que nunca comeu fosen vingados cunha xustiza axeitada e saísen da impunidade como nunha epifanía triunfal. Curiosamente, coa vinganza desapareceu o medo que lle tiña a aquel ser badoco e cruel.

―Devólveme os bocadillos —espetou Félix sen pestanexar e, por suposto, sen miralo.

―Que dis? Es un puto friki!

―Devólveme os bocadillos ou non contes comigo.

―Ti estás p’alá. Como vou devolverche os bocadillos?

Mosquera, unha mole impoñente, saíu bufiñando e meneando a cabeza e as mans nun xesto mesturado de negación e sorpresa. Non podía crer o que lle acababa de esixir aquel rapaz rariño.

―Quéroos con queixo e anchoas e que ninguén se meta comigo―, precisou Félix en voz alta, pero sen berrar.

Despois dunha gran satisfacción, aínda que pouco exteriorizada, experimentou outros episodios semellantes. Non obstante, Félix tivo dificultades con calquera discurso que non se expresase en linguaxe literal.

Fragmento II

Constanza sentía certa afinidade coas persoas diferentes. Persoas con algunha discapacidade, persoas maiores con deterioración física e cognitiva, cos marxinados, cos pobres de solemnidade ou cos esmoleiros desleixados e anónimos. Ela intuía que esa actitude súa era interpretada pola súa familia e polos membros da sociedade á que pertencía como unha rareza ou, cando menos, unha calidade próxima a unha incipiente tolemia. «Eles pensan na miña tolemia e eu penso na súa burremia, que é moito peor». Pero ela razoaba que este proceder seu era o resultado dunha personalidade diferente, da súa propensión a saírse da fila e de non formar parte de ningunha coreografía. Agora estaba nunha época da súa vida que os demais, os de fóra do seu círculo, compararían á dun vello can bourado e triste que se retira a un curruncho a lamber as súas feridas e a rumiar o seu destino. Pero estaba segura de que ela non sería unha vella das que se aburren chorando e rezando nunha escena que acaba por formar parte dun rito mortuorio, dun introito que se sabe decisivo. Ela era unha muller refinada e brava ao mesmo tempo.

Enlace ao sitio web do autor con información sobre a novela.

No hay comentarios:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...