O vindeiro mércores, 22 de xullo preséntase o programa In-TIC.
Será no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Asistirá a Secretaria Xeral de Benestar e será un acto de aproximadamente 1 hora e unha usuaria de ASPACE con parálise cerebral empregará esta ferramenta para contar ao auditorio a súa experiencia e impresións do sistema.
Vai dirixido a grupos de persoas con discapacidade, ás que posibilita aumentar a súa autonomía persoal, gracias a un sistema de soporte que permite personalizar a utilización de todos os recursos e programas no ordenador. A configuración dos teclados virtuais fai posible que as persoas con diversidade funcional (físicos, cognitivos ou sensoriais) poidan empregar o ordenador, o acceso á Internet, comunicar, executar aplicacións específicas, xogos, etc. Este sistema tamén pode ser utilizado como comunicador, tanto en ordenadores convencionais como portátiles, tablet PCs e teléfonos móbiles e estará dispoñible gratuitamente para todos os usuarios de Internet.
In-TIC ten sido impulsado pola Fundación Orange e realizado integramente polo Centro de Radiodiagnóstico e Informática Médica da Universidade da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario