INTENCIÓN

Decía Carl Rogers, padre de la psicología existencial humanista, refiriéndose a la empatía, que ésta es como ponerse los zapatos del otro y hacer un buen trecho del camino. Esta bitácora pretende, también, ponerse esos zapatos.

___________________________

Javier Martín Betanzos

____________________________________________________________________________________________________________

martes 22 de abril de 2008

Estimulación Sensorial na Integración do Alumno con Discapacidade


Estase a celebrar no Centro de Formación e Recursos de A Coruña e programado pola asesoría de Orientación e Integración, o curso sobre a Estimulación Sensorial na Integración do Alumno con Discapacidade. É a primeira vez que en Galicia se celebra unha actividade deste tipo dirixida á comunidade educativa e referida aos contextos educativos ordinarios.

As salas multisensoriais, nos seus diversos enfoques, están dirixidas a estimular os sentidos primarios sen necesidade dun recoñecemento cognitivo da actividade proposta e persegue obxectivos como a relaxación, eliminación ou diminución de estereotipias, modificación de condutas, etc

Son estímulos para aumentar ou diminuír o nivel de alerta e favorecer a maduración do sistema nervioso central, favorecer respostas motoras normais, mellorar aprendizaxes e propiciar un mellor contacto co contorno.

Esperemos que nos aproveite a todos.

Enlace ao CEFORE (Centro de formación e Recursos de A Coruña)

Artigo sobre aula multisensorial con paralíticos cerebrais (clic aquí)

_____________________________