|
Anagrama dos Obradoiros 2010 en Lugo. Unha folla de parra
acompaña ao título dos obradoiros e á data en verde e castaño. |
O vindeiro día dez deste mes celebrarase en Lugo Os Obradoiros Tadega 2010 co seguinte programa:
5.30 a 5.45 Recollida de materiais.
5.45 a 6.00 Inauguración e presentación.
6.00 a 7.15 Sesión I. “Facendo didáctica cos pictogramas"
§ “Proxecto Divertic", Juan J. Fernández García, Presidente da asociación TADEGa, Mestre coordinador TIC e Abalar do CEIP "Sal Lence", A Coruña.
§ "Programa Communicate In Print", Esther Frade Fraga, Mestra especialista en Audición e Linguaxe.
7.15 a 7.45 Descanso
7.45 a 8.55 Sesión II. "A creatividade ao servizo das TICs"
§ "O Sonar Speaker" e "Alfombra Dixital Interactiva", Fátima Mª García Doval, doutoramento en I+D+I en TIC aplicadas á diversidade, codirección de proxectos de fin de carreira en Teleco, membro do grupo de inclusión dixital de EGANET.
8.55 a 9.00 Agradecementos, axenda TADEGa 2011, clausura.
10.00 Cea de confraternidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario