Páginas

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Proposicións non de lei sobre educación inclusiva e accesibilidade no parlamento galego

Foto do interior do parlamento galego
Foto do interior do Parlamento de Galicia
Unha proposición non de lei é unha proposta dunha resolución non normativa xurdida dunha iniciativa das cámaras lexislativas. Estes textos e resolucións están dirixidos, en xeral, a pedir ou a instar ao goberno, a algún dos seus membros ou organismos a que realice unha acción concreta, a mostrar públicamente unha opinión nalgún tema ou para sentar as bases con respecto a algunha actuación da administración pública. Por tanto non compromete a  nada, ainda que ten de positivo que, polo menos, neses intres a cuestión que se trataba estivo nas mentes das súas señorías; esperemos que non esquezan rapidamente. Pois ben, entre as proposicións non de lei aprobadas onte no Parlamento de Galicia están dúas que atinxen aos obxectivos desta bitácora  -unha referida á educación inclusiva e outra á accesibilidade- e que imos resumir.
Proposición PNP 41446 Sobre a educación inclusiva
O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que:
 1.— Promova a detección temperá das necesidades específicas de apoio educativo, particularmente as asociadas á discapacidade, incorporando sistemas de detención nas escolas infantís de 0-3 anos.
 2.— Potencie actividades de formación do profesorado dentro dos plans anuais a prol de posibilitar unha atención educativa de calidade.
 3.— Promova a cooperación entre as organizacións representativas das familias de alumnos con necesidades educativas especiais para unha mellor atención educativa destes.
 4.— Favoreza a participación deste alumnado nos programas educativos especiais que se desenvolvan nos centros, tales como Abalar, Plurilingüismo, PCPI, e actividades complementarias.
 5.— Desenvolva as actuacións necesarias co fin de que a escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais se rexa polos principios de inclusión.
 6.— Promova a dotación de recursos aos centros que escolarizan alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
Proposición PNP 51871 Sobre accesibilidade
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que:
1.— Promova a modificación da normativa vixente en materia de accesibilidade e supresión de barreiras.
2.— Entanto esta modificación normativa non se verificar, interprete e aplique a normativa vixente de conformidade co principio de accesibilidade universal, en particular:
 — Presente no Parlamento un plan de adaptación dos edificios de uso público e vías públicas.
 — Avance na subtitulación e na audiodescrición na TVG e nas canles televisivas de competencia autonómica, introducindo a subtitulación en todos os servizos informativos.
 — Faga accesibles as páxinas web do sector público galego, preferentemente a través do uso de software libre.
 — Presente no Parlamento un plan que asegure a plena accesibilidade e a liberdade de elección das persoas con discapacidade aos servizos públicos, sobre todo  ensino, a sanidade, a xustiza e os servizos sociais.

2 comentarios:

  1. Esperemos que isto non quede so nunhas proposicións... Grazas Javier por facernos partícipes de toda esta información. Unha forte aperta!!!

    ResponderEliminar
  2. Queda moito camiño por percorrer e é longo, pero daremos chegado. Unha aperta.
    Javier Martin Betanzos
    http://martinbetanzos.blogspot.com/

    ResponderEliminar