Páginas

miércoles, 24 de noviembre de 2010

II Xornadas Galegas de Dislexia

Durante os días 10 e 11 de decembro celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación, no Campus de Elviña da Coruña, as II Xornadas Galegas de Dislexia, organizadas por AGADIX (acrónimo de Asociación Galega de Dislexia); este ano tituladas: A realidade da dislexia. Conta co recoñecemento dun crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña.
O programa é o seguinte:
Venres día 10 _______________
Logo da Asociación Galega
de Dislexia
15:30 Acreditación e recollida de material
16:00 Presentación
16:30 A dislexia como fracaso na aprendizaxe escolar
Pilar Vieiro, Profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Universidade da Coruña
18:00 As funcións executivas e a atención sostida nas persoas con dislexia
Carmen Ferreiro, Doutora en Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Quenda de preguntas
19:30 a 20:00 Descanso
20:00 A escola como unha aula integradora
Rosa Mª Barreiro Carujo, Ivana García Andrade e Clotilde Barro Fernández. CRA Nosa Sra. do Faro de Ponteceso
Sábado día 11 _______________
09:00 O Departamento de Orientación e o Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo
Manuel Rey, Diplomado en Profesorado de EXB, especialidade Ciencias Humanas. Licenciado en Psicopedagoxía. Actualmente Asesor de Orientación da Consellería de Educación e Orientación Universitaria
10:30 A dislexia no contexto da atención á diversidade na educación secundaria
Jaume Alzina Mestre, Doutor en Historia pola Unversidade das Illes Balears e Director do “IES Llorenç Garcías y Font “ de Artá
12:00 a 12:30 Descanso
12:30 Ferramenta de soporte para a lectoescritura
Victoria Dot e Xavier García. Programa Integratek
14:00 a 16:00 Pausa para xantar
16:00 Aprendendo matemáticas coas mans
Pedro Buendía, Mestre do Centro de Educación de Adultos “Río Mula” e animador matemático
18:00 a 18:30 Descanso
18:30 Por que está desmotivado o alumnado?
Antonio Valle Arias, Catedrático do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Universidade da Coruña
20:00 A Educación en Finlandia e a Atención á Diversidade
Antti Koivisto, Profesor de inglés e francés na “Escuela Finlandesa” en Fuengirola
Acto de clausura e entrega de diplomas
COMITÉ ORGANIZADOR:
Mª Pilar Vieiro Iglesias, Profesora Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Carmela Díaz Fernández, Presidenta de AGADIX
Cristina Porto González, Vicepresidenta de AGADIX
Ofelia Martínez Fernández, Secretaria de AGADIX
Carol Toribio-Rodríguez Redondo, Tesoureira de AGADIX

No hay comentarios:

Publicar un comentario