Un centro educativo dixital non é un centro con ordenadores, é un centro que transcende máis aló. Nel ten que haber un proxecto, onde a organización, xestión e concreción do ensino-aprendizaxe cambien radicalmente e os docentes pasen a ser administradores do coñecemento, empregando unhas tecnoloxías que favorecen a comunicación e o intercambio de información. Pero para iso o profesor debe ser consciente de que debe cambiar non só o seu rol, senón a filosofía e metodoloxía da educación. Ocorre isto nos centros educativos? Non. Van chegar os portátiles e o ensino vai seguir igual. A ver nenos, buscade en Google “Camiño de Santiago” a ver se ven algunha foto que aquí no libro veñen poucas”. Se isto vai acontecer así, é mellor aforrar os cartos e pasar dos portátiles.
Fálase na presentación do proxecto de:
·Un novo modelo educativo en Galicia.
·Unha aprendizaxe colaborativa, investigación e aprendizaxe activa e interactiva.
·Desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación. Eu, persoalmente, teño moito interese en saber como vai ser isto.
·Establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
No portal da Consellería apareceu onte, respostas ás preguntas que se poden facer os centros diante da posta en práctica do Proxecto Abalar. É un documento onde se dan respostas tipo funcionario a posibles preguntas. Polo que respecta ao condicionamento das aulas para acoller este proxecto os centros recibiron uns cartos (que eu saiba a nivel de secundaria é así, non sei en primaria) para que eles mesmos xestionen este acondicionamento e pidan orzamento a empresas especializadas, non hai especificacións moi claras de como debe ser esa infraestrutura e polo que interesa ao obxectivo e razón de ser desta bitácora bótase en falta referencias á accesibilidade e acondicionamento específicos para alumnos discapacitados físicos. Neste punto convén recordar o convenio que se pode ler nesta mesma bitácora.
Enlaces que se citan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario