Páginas

viernes, 5 de marzo de 2010

O desenvolvemento das competencias nunha escola inclusiva. O caso dos alumnos con parálise cerebral

Diapositiva da presentación do curso

De 1 ao 25 de marzo estase desenvolvendo no Centro de formación e Recursos de A Coruña o curso “Inclusión, diversidade e mellora das competencias básicas”. Dentro deste curso, un relatorio relaciona a programación por competencias e educación inclusiva; concretamente refírese ao caso dos alumnos con parálise cerebral escolarizados nos centros ordinarios. Este relatorio titúlase “O desenvolvemento das competencias nunha escola inclusiva. O caso dos alumnos con parálise cerebral”. Nel faise un percorrido desde a aparición e a orixe desta nova “moda” da programación por competencias, cunha postura crítica, ata as dificultades e obstáculos con que se atopa a educación inclusiva e as posibles solucións para acadar non unha mera inclusión destes alumnos no sistema educativo ordinario, senon practicar unha verdadeira educación inclusiva poñendo tódolos medios para vencer resistencias e atrancos.

Os obxectivos deste relatorio son:
-         Determinar unha serie de conceptos previos.
-       Reflexionar sobre se é posible o desenvolvemento de competencias e unha escola verdadeiramente inclusiva.
-         Reflexionar se é posible “ser quen”, na medida das posibilidades de cada un, e conxugar intereses económicos, mercantilismo e atención á diversidade.
-     Constatar se un modelo baseado en competencias dificulta a atención á diversidade.
-       Sacar consecuencias sobre as dificultades que, na práctica, existen na escola inclusiva con casos reais.
-        Expoñer un caso práctico (parálise cerebral) e as decisións levadas a cabo.
-        Profundizar nos puntos fortes e débiles que se poidan achar.
-      Facer propostas de mellora e sacar conclusións para conseguir unha escola inclusiva de calidade.
Nesta época de crise con licenza, en ocasións, para recortar recursos á educación é unha boa ocasión para reflexionar e alegrarse polo conseguido na inclusión dos alumnos con necesidades educativas e perseverar no obxectivo de conseguir maiores cotas de inclusión e de máis calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario