Segundo o portal da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o Proxecto Abalar convertirá o vindeiro curso máis de 200 colexios e institutos en centros educativos dixitais.
“Arredor de 14.500 rapaces de primaria e secundaria disporán de cadanseu ordenador ultraportátil. O proxecto investirá na súa primeira fase máis de 12 millóns de euros en dotación de recursos, formación e ferramentas para a integración das TIC no ensino”.
“As familias, e todos os membros da comunidade educativa, participarán activamente nesta modificación do sistema ensinanza-aprendizaxe. Abalar contará cun portal web no que se dará resposta ao alumnado con necesidades educativas específicas”.
“A integración das TIC en todos os ámbitos da sociedade é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia. Neste sentido, o Proxecto Abalar se enmarca na iniciativa “eGoberno 2013”, que busca a implantación dun novo modelo de prestación de servizos públicos, facendo especial fincapé nos que acumulan un maior atraso tecnolóxico e que implican unha gran repercusión social. A educación, a sanidade ou a xustiza son, segundo recoñeceu, os eidos principais nos que se está a desenvolver este novo modelo, en colaboración coas entidades locais e o sector empresarial”.
O feito de que haxa, parece ser, a intención de dar resposta ao alumnado com necesidades educativas específicas mediante un portal web e a integración das TICs na resposta educativa deseñada para estes alumnos é moi esperanzador; tamén implicar ás familias é moi positivo. Espero que se faga coa implicación de quen atenden esas necesidades e de xente aleuta na aplicación das TICs ao eido da diversidade; senón serán só anuncios e publicidade. De momento parece que se retrasará ata o curso 2010-2011, segundo recolle a revista Codigocero.
Enlaces que se citan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario