Páginas

lunes, 22 de febrero de 2010

Asignación de portátiles: flexibilidade para os alumnos que requiren equipos específicos.


A Asociación TADEGa recolle nunha entrada da súa bitácora un resume das  respostas sobre a enquisa de cómo deben ser os portátiles que precisan os alumnos con necesidades específicas co gallo do proxecto Abalar. O resume é este:
  1.   Unha batería mais duradeira, mínimo 6 horas
  2.   Mochila protexida para levalo
  3.   Que a pantalla sexa táctil (tipo Tablet PC)
  4.   Teclado resistente a auga
  5.   2 GB de RAM
  6.   Lector de tarxetas de memoria SD/MMC/MS/MS Pro
  7.   Marcas no teclado para persoas con problemas visuais ou cegueira
  8.   Estandar Wifi N
  9.   Webcam integrada
  10.   No canto do sistema operativo, ademais de apostar por un sistema LINUX estaria ben dispor dun arranque dual, para asegurar o emprego de ferramentas de accesibilidade que de momento non hai para LINUX
Sen embargo, eu vou un pouco máis aló e penso noutros alumnos, xa que algún deles –unha porcentaxe considerable dos alumnos discapacitados motóricos- non poderá utilizar un ordenador deste tipo, porque necesitarán un teclado á parte para cubrilo dunha carcasa, portos suficientes, períféricos especiais (trackball, joystick, pulsador, etc.), pantalla máis grande, brazos articulados,….. Xa sei: isto é imposible  de prever. Pois por iso; o que pido é a suficiente flexibilidade para eles na asignación deses portátiles e que non pase o que ven pasando coa educación inclusiva nestes últimos tempos, que cae no olvido. Ademais, e obviando que algúns destes mandamentos do decálogo son cando menos discutibles; cada caso é un caso único, por iso as necesidades chámanse específicas; porque "específico" significa que é propio de algo ou alguén e se caracteriza e distingue doutras cousas, individuos ou casos porque son diferentes. A inclusión ten que ser efectiva, ou non é inclusión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario