Páginas

jueves, 11 de febrero de 2010

Proxecto Abalar (Escola 2.0): Que portátiles precisan os nosos alumnos?


Foto de ordenadores do Proxecto Magalhaes portugués

Feijoo avanza que o proxecto Abalar permitirá, nesta lexislatura, dotar a 87.400 alumnos con portátil e ter 4.400 aulas informatizadas en 1.085 centros

O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio entre o Ministerio e a Consellería de Educación por valor de 8 millóns de euros para a compra de ordenadores para alumnos e profesores, “o primeiro instrumento” deste proxecto. Trátase dunha iniciativa “ambiciosa” pero necesaria para “non perder o tren en Galicia do que se refire a portátiles, taboleiros dixitais, informatización e facilitación aos alumnos e profesores das novas tecnoloxías”, sinala o presidente da Xunta. O presidente galego anunciou que a Xunta porá en marcha un proxecto pioneiro ao contratar a 50 expertos para que asesoren a outras tantas pemes en materia de I+D+i. O obxectivo é dar un salto completo cara aos centros educativos dixitais, cuxas aulas estean “dotadas dixitalmente”.

Esta noticia pódese ler no portal IMIT (Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica). A asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega), un colectivo que leva anos dedicado á busca de  solucións dixitais para a atención á discapacidade, á multiculturalidade, aos maiores, ao eido rural ou á marxinalidade social está estes días coa intención de que se asegure que os ordenadores de Abalar (Escola 2.0) teñan en conta as características e necesidades de todo o alumnado, sen exclusións. E para o alumnado con necesidades específicas de apoio, xa que o ordenador lles suporá unha axuda técnica: ¿Serán os mesmos? ¿E a accesibilidade?… Para respostar a todas estas dúbidas e así facer unha proposta seria e partindo da realidade, pódese clicar neste enlace para cubrir un formulario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario