Logo de ASPACE Galicia |
O Día Mundial da
Parálise Cerebral ten lugar de xeito simultáneo en todos os países durante o
primeiro mércores de outubro. A Confederación ASPACE (Asociación de Persoas
afectadas de Parálise Cerebral e Discapacidades Afíns) encárgase de organizar
as actividades deste día; este ano pasado celebrouse en Barcelona e no 2014
celebrarase en Santiago de Compostela e será organizado por ASPACE-Galicia.
Santiago de
Compostela será a sé das actividades do Día Mundial da Parálise Cerebral no mes
de outubro, que reunirá na cidade a representantes de asociacións de atención a
persoas con parálise cerebral de toda España e da Eurorrexión Galicia–Norte de
Portugal. Acordouse na reunión mantida este mércores pasado co alcalde
compostelano, Anxo Currás, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao,
con Eulogio López, Presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral, e Ana
María Prieto, xerente da entidade. Anxo Currás comprometeuse a colaborar na
organización do evento coa cesión dun espazo para a celebración das
actividades, e na xestión de prazas hoteleiras adaptadas para as persoas que o
precisen. Así mesmo, o alcalde quixo deixar patente a sensibilidade que existe
na corporación municipal cara ao colectivo de persoas con discapacidade e
destacou o labor que a Federación Galega de Parálise Cerebral vén desenvolvendo
na atención deste colectivo.
O presidente de
ASPACE Galicia agradeceu a dispoñibilidade mostrada polo alcalde de Santiago de
Compostela para poñer todos os recursos necesarios para a organización deste
evento que será o acto central do Ano Galego da Parálise Cerebral.
Por outra banda, a
Xunta decidiu que 2014 sexa ano da parálise cerebral e impulsará distintas
iniciativas sociosanitarias de apoio ás persoas que teñen esta condición en Galicia e ás súas familias. Segundo o titular da Xunta, a partida económica destinada ás persoas con
discapacidade sobe un 5,8 % este ano e o número de prazas públicas aumentou un
16 % entre no período 209-2013. Núñez Feijóo sinalou, ademais, que a Xunta
enviou ao Consello Consultivo os textos que regulan o Rexistro de Acción
Voluntaria de Galicia e o Consello Galego de Acción Voluntaria para que emitan
o seu informe.
Fontes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario