Celebrouse en Santiago, con gran éxito, a fin de semana pasada o III Congreso TADEGa.
Resumimos as intervencións dalgúns dos relatores.
Intervención de Juan José Fernández García Pte. de TADEGa |
Na xornada do venres 8 deste mes interveu Mónica Arenas Ramiro da Universidad de Alcalá de Henares sobre La irrupción de las redes sociales: ventajas
y peligros.
Sobre as vantaxes expuxo os seguintes puntos a ter en conta:
• Maior difusión de información = liberdade de
expresión / publicidade (“ouro rosa”).
• Fomenta a participación cidadá = contribúe á
democracia = papel activo do cidadán.
As redes sociais viven das persoas e da súa información = aprox. 800 millóns
de usuarios (15 millóns españois).
As novas tecnoloxías axudan ás persoas, pero
tamén suscitan novos problemas = Dereitos.
Sobre os riscos:
• Favorece o anonimato = delictos.
• Perda de privacidade (A tenda) = A
información queda “para sempre” e “a disposición de todos”.
• Fenda dixital
Consellos:
Recordar que Internet non está á marxe da Lei.
Pensar antes de publicar información = En Internet nada desaparece.
Axeitada política de privacidade = accesibilidade, transparencia, información
e consentimento.
Pedir permiso aos demais antes de publicar as súas fotos ou vídeos / Respectar
aos demais / Concienciación.
Mesa redonda: Fracasa
a Atención á Diversidade?
Destacamos a intervención de Mª Cruz da Silva presidenta de Por
Dereito que fixo fincapé en:
-
Recursos humanos.
-
Conciencia inclusiva.
-
Formación.
-
Profesorado
motivado.
-
Comunicación
entre a escola, familia e apoios externos.
Respecto
dos Obradoiros:
- Presentación ACCEGAL TADEGA 2013 – www.accegal.org (Fátima Mª García Doval – Enrique Costa). Que é? Proxecto de colaboración para a elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles. Na actualidade céntrase na comunicación, especialmente aumentativa e alternativa.
- Plataformas escolares Edmodo – (Antonio Garrido de la Guía – www.antoniogarrido.es). Edmodo é unha aplicación que ten coma obxectivo principal permitir a comunicación entre profesores e alumnos. Trátase dun servicio de redes sociais baseado no microblogging.
- Tablets e dispositivos móbiles Android. (Iago José Corral López).
- Dispositivos móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC. (Iago José Corral López). NFC é unha tecnoloxía de comunicación inalámbrica de curto alcance e alta frecuencia.
- Experiencia de Traballo con ANEAE na aula (Yolanda Fontán). Presentación dunha experiencia que inclúe na escola, na clase? que discrimina?
- Canal de Youtube.
- Comunicación total. Proyecto Habla Signada. Asociación Divertic – divertic.org (Emilio Ivars Ferrer).
- Proxecto Sígueme – www.proyectosigueme.com (María José Rodríguez Fórtiz).
- Presentación Pictoaplicaciones - www.pictoaplicaciones.com (Gonzalo García Figueroa).
- Obradoiro de solucións personalizadas con Arduíno – bricolabs.cc (Tucho Méndez, Andrés Diz e Rubén Fernández). Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e unha contorna de desenvolvemento, deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.
- Construción de pulsadores. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
- Adaptación de xoguetes. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
- BJ Adaptaciones – www.bj-adaptaciones.com (Gil Barrero Llano).
No hay comentarios:
Publicar un comentario