A Federación ASPACE
Castelán Leonesa atendeu a miña suxestión sobre a publicación en galego do
conto El reino de los mil escalones,
escrito por Manuel Ferrero e ilustrado por Laura Bécares, algo que agradecemos.
A través deste conto podemos
conseguir obxectivos coma educar no mundo dos valores en xeral, e en particular
a aceptación do diferente, a empatía, o degoiro de ser capaz e a liberación dos
prexuízos.
Este conto non comeza
coma os outros cun Érase unha vez, senón cun Déixame probar dunha vez.
A protagonista é Agostiña, unha rapaza con parálise cerebral que libera a unha
vila dun xigante malvado, metáfora da sociedade falta de empatía que despreza
ao diferente ou que non lle deixa acadar a autonomía a que ten dereito. Tódalas
escenas, mitos, persoas e clixés serven de escusa para que a protagonista ache
o seu lugar no mundo, non sen antes loitar moitísimo.
Realizamos unhas as
actividades sobre o conto O reino dos mil chanzos. A pretensión é potenciar a
comprensión lectora, a educación en valores e facer máis visibles ás persoas
con parálise cerebral. Dedicámoslle toda unha páxina a estas actividades ás que
se pode acceder facendo clic no enlace “O REINO DOS MIL CHANZOS. Actividades
LIM)”, situado despois do debuxo da cabeceira da bitácora. Aquí só imos
incrustar o primeiro libro de actividades a modo de exemplo. Tamén engadimos un
ficheiro *pdf con actividades de lapis e papel para imprimir.
É un proxecto
solidario de ASPACE (Asociacións de Atención a Persoas con Parálise
Cerebral e Discapacidades Afíns) de Castela e León que agora podemos desfrutar
en galego. Os autores do conto cederon os beneficios a ASPACE polo que o
produto da venda vai parar integramente a esta asociación.
O libro pódese pedir, ademais das librerías de conto infantil, a:
O libro pódese pedir, ademais das librerías de conto infantil, a:
Federación ASPACE de
Castilla y León
Teléfono 983 246 798
ou
Editorial Lobo
Sapiens
Teléfono 987 170 652
No hay comentarios:
Publicar un comentario