Páginas

martes, 24 de enero de 2012

Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade"

Logo de CampusCulturae

No Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela celebrarase entre 20 e 23 de febreiro o Congreso Internacional Ilustrando a Diversidade.
A presentación de propostas de comunicacións, vídeo-animacións ou proxectos de ilustración consistirá no envío, ao enderezo xestion.campusculturae@gmail.com dunha mensaxe co encabezamento que corresponda: “proposta de comunicación”, “vídeo-animación” ou “álbum ilustrado”.
O día 15 de febreiro comunicaráselle a cada interesado a selección de comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de libro ilustrado aceptados para a súa presentación durante o congreso.
Cada autor/a seleccionado/a disporá dun máximo de 10 minutos para a presentación da súa proposta.
Os autores de comunicacións, vídeo-animacións e proxectos de libro ilustrado recibirán un certificado con recoñecemento europeo que acredite a súa condición de relatores no congreso. CampUSCulturae poderá publicar os textos das comunicación (recoñecendo expresamente o nome dos autores dos mesmos, que renuncian a percibir calquera remuneración en concepto de autoría). CampUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo.
Diplomas: Todos/as os/as inscritos/as recibirán un diploma con recoñecemento europeo que acredite a súa participación no congreso.
Linguas de traballo do congreso: galego, castelán, inglés e portugués. Haberá tradución simultánea.
Máis información sobre o proxecto en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario