Páginas

sábado, 28 de mayo de 2011

V Encontros TADEGa: Sexualidade e diversidade funcional. “A dignidade esquecida”

Anagrama dos encontros
A asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) celebrará en Lugo o día 11 de xuño na Escola Universitaria de Formación do Profesorado da USC. Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. os V Encontros TADEGa: Sexualidade e diversidade funcional. “A dignidade esquecida”
Inscrición e matrícula
  • Prezo único: 8 euros (asistentes persoais gratis).
  • Inscrición e pago de matrícula: información nos enlaces citados ao final da entrada.
  • A matrícula da dereito a:
o        Asistencia aos encontros.
o        Acceso á documentación.
o        Certificación simple privada expedida pola asociación TADEGa.
Programa. Sábado 11 de xuño de 2011
09:00 - 09:15  Recollida de documentación.
09:15 - 09:45  Visita á exposición de traballos remitidos polos centros docentes.
09:45 - 10:00  Inauguración das xornadas.
10:00 - 11:30 Mesa redonda de experiencias. Modera D. Manuel Rivero Pérez (QCoach).
  • Dª Mª Luz López Díaz (Familia e Educación).
  • Dª Pilar Carballo Lado (ONCE, Pontevedra).
  • Dª Ana Mª Castelao Gegunde (Familia, Asociación Raiolas e autismo).
11:30 - 12:00  Descanso.
12:00 - 14:00  Mesa redonda de expertos. Modera D. Manuel Rivero Pérez.
  • D. Xosé Antón Novoa Romay (Vida independente Galicia).
  • Dª Marita Iglesias Padrón (sexualidade, diversidade funcional e ser muller).
  • D. Jose Luis García Fernández (Navarra. Sexualidade e discapacidade intelectual).
14:00 - 16:30  Descanso para xantar.
16:30 - 16:45  Centros Quérote (Consellería de Traballo e Benestar).
16:45 -17:30  Obradoiros simultáneos por colectivos. Mesas de autoaxuda “Quérote”.
  • Mesa 1. Asociacións, xoves e adultos con diversidade funcional.
  • Mesa 2. Familias de persoas con diversidade funcional.
  • Mesa 3. Persoas vinculadas á Educación: titorías, especialistas, orientación, etc.
17:30 - 17:45  Posta en común e debate. Modera D. José Luis García Fernández.
17:45 -18:15  “Do límite ao ilímite. Da integración social á integración natural” Iago Santalla (Autor de “O ilímite de pensarte libre” e outros).
18:15 - 18:30 Clausura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario