No marco da equidade e comunicación quérese encadrar a contribución dos catro conferenciantes das II Xornadas de Educación Matemática: Equidade e Comunicación, os cales, dende diferentes ámbitos de experiencia, traballan pola Educación facendo moi presente nas súas aulas a equidade e a comunicación.
Con estas II Xornadas de Educación Matemática séguese a afondar nas diversas facetas da Educación, e en particular da Educación Matemática, intentando levar ás aulas da universidade aspectos difíciles de apreciar, mais que son fundamentais para a formación dos estudantes, futuras mestras e mestres e para todos os profesionais da educación, tanto de infantil e primaria como de secundaria, mesmo máis aló das Matemáticas.
As datas de celebración son do 26 ao 29 de abril no Salón de graos da Facultade de Educación, Campus de Elviña na Coruña.
Cartaz das xornadas |
Relatores:
Paola Valero: Profesora Asociada na Universidade de Aalborg (Dinamarca). Doutora en Educación Matemática pola Universidade Danesa de Educación. A súa traxectoria investigadora enmárcase no grupo “Educación Matemática e Sociedade”.
Javier Martín Betanzos: Profesor de Pedagoxía Terapéutica no I.E.S. Rafael Dieste de A Coruña. Diplomado Profesor de Educación Xeral Básica. Licenciado en Psicopedagoxía e Doutor en Ciencias da Educación. Especialista en alumnos con diversidade funcional motora, proporcionando recursos para a intervención en alumnos discapacitados motóricos, principalmente con parálise cerebral.
Judith Gómez Jiménez: Profesora de Educación Primaria e Especialista de Educación Especial da Escola Sant Gervasi, Mollet del Vallès (Barcelona). Imparte Matemáticas. Especialista no uso das ferramentas 2.0 na aula (Internet, WIKI, PDI, …).
Mª Teresa Valdecantos: SIPFA Algeciras. Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Sevilla. Máster en Matemáticas pola Universidade de Cádiz. Profesora de Enseñanza Secundaria na especialidade de Matemáticas. Delegada provincial da S.A.E.M. Thales de Cádiz e membro da comisión de mulleres matemáticas da R.S.M.E. Vocal de Olimpiada Matemática Thales (2001-2005).
PROGRAMA:
Martes:
15:00 – 15:30.- Entrega de documentación.
15:30 – 16:00.-Inauguración.
16:00 – 17:30.-“As matemáticas escolares: Qué?, Por qué e para qué?” por Paola Valero (Universidade de Aalborg, Dinamarca).
17:30 – 17:45.- Descanso.
17:45 – 19:45.-“ Posibilidades para a aula dende unha perspertiva socio-política ” por Paola Valero (Universidade de Aalborg, Dinamarca).
19:45 – 20:00.-Descanso.
20:00 – 21:30.-“A política, a sociedade e a educación” Relatores: Paola Valero, Jurjo Torres Santomé e Francisco Álvarez Fontenla.
Mércores:
16:00 – 17:30.-“Cómo afrontan os alumnos con parálise cerebral a aprendizaxe na aula” por Javier Martín Betanzos (I.E.S. Rafael Dieste, A Coruña).
17:30 – 17:45.-Descanso.
17:45 – 19:45.-“A competencia matemática e outras competencias sociais e actitudináis nos alumnos discapacitados motóricos. Estratexias e enfoques metodolóxicos” por Javier Martín Betanzos (I.E.S. Rafael Dieste, A Coruña).
19:45 – 20:00.-Descanso.
20:00 – 21:30.-
“Quen fala de discapacidade?” Relatores: Javier Martín Betanzos, Adela Otero Fernández-Aperribay e Isabel Novo Corti.
Xoves:
16:00 – 17:30.-“As matemáticas e as ferramentas 2.0: crear, compartir, colaborar ... un traballo interdisciplinario” por Judith Gómez (Escola Sant Gervasi, Mollet del Vallès).
17:30 – 17:45.-Descanso.
17:45 – 19:45.-“A comunicación e a colaboración na aula para crear coñecemento social” por Judith Gómez (Escola Sant Gervasi, Mollet del Vallès).
19:45 – 20:00.-Descanso.
20:00 – 21:30.-“Se metemos máis tecnoloxías, qué quitamos?”. Relatores: Judith Gómez, Teresa Valdecantos, Manuel Pazos e Rosa Barreiros.
Venres:
16:00 – 17:30.-“Habelas, hainas: mulleres nas matemáticas” por Mª Teresa Valdecantos (SIPFA, Algeciras).
17:30 – 17:45.-Descanso.
17:45 – 19:45.-“Zapeando as mates” por Mª Teresa Valdecantos (SIPFA, Algeciras).
19:45 – 20:00.-Descanso.
20:00 – 21:30.-Conclusións das Xornadas.
Info:
Tfno.: 981 177 000 ext.: 4602 ou
Enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario