A asociación TADEGa anuncia o vindeiro II CongresoTADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal de Ourense. O procedemento, o formulario e a folla de inscrición, o programa completo, os dereitos a que dá lugar a matrícula e como efectuar o pago pódense atopar na web do congreso (hai un acceso a ela ao final deste artigo). Os contidos de traballo do congreso son:
§ SAAC. Iniciativas de valor engadido.
§ Traducións ao galego de ferramentas de comunicación.
§ Dispositivos móbiles para a comunicación.
§ Ferramentas dixitais para familias de persoas con diversidade funcional.
§ Educación Emocional.
§ Ferramentas no risco infantil de exclusión social.
§ Ferramentas dixitais para a creación de recursos didácticos.
§ Tecnoloxías dixitais de baixo custe e/ou de elaboración propia.
§ A comunicación como recurso.
Programa:
Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa:
1.DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total…
3.Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
Máis aló das aulas:
1.
Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis.
2.
Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal.
3.
Atención á Diversidade e dispositivos móbiles.
4.
Contos fáciles para situacións difíciles.
Alfombra de baile e outros trebellos dixitais.
Comunicación dixital I:
1.
Adaptacións para a discapacidade visual.
2.
Actividades con LIM na aula.
3.
Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange.
Comunicación dixital II:
1.
Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
2.
Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade.
3.
Ponte nas Ondas(Radio Pontevedra, Ourense e Portugal).
Dispositivos e adaptacións para a diversidade:
1.
DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais.
2.
Proxecto IN-TIC.
3.
Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional.
Proxección do documental “María y yo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario