O día 29 de marzo publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) unha resolución da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial pola que se publica un convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a aplicación do proxecto ESCOLA 2.0.
Nel faise referencia a cuestións como:
· A extensión e mellora das dotacións informáticas e conectividade nos centros.
· Á formación do profesorado.
· Á implicación do alumnado e as familias no uso destes recursos.
· Ás actuacións que son cofinanciadas (transformación en aulas dixitais ás que se corresponden con 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º do Ensino Secundario Obrigatorio, dotación de ordenadores aos alumnos destes cursos, desenvolvemento de accións de formación do profesorado e poñer a disposición dos docentes os contidos dixitais necesarios).
Outras cuestións salientables son:
· O desenvolvemento de materiais e recursos educativos dixitais ao abeiro deste convenio deben garantir o nivel medio de accesibilidade.
· Especificacións sobre os requirimentos mínimos das aulas e dos equipos.
· Un apartado (III) dedicado á accesibilidade onde textualmente di: Accesibilidade: A Comunidade Autónoma de Galicia facilitará que os ordenadores para uso dos alumnos con discapacidade teñan as características e o software preciso para que ditos alumnos poidan utilizalos en condicións similares ás do resto do alumnado e coas mesmas ferramentas e metodoloxía. Así mesmo os equipos das aulas nas que se escolaricen estes alumnos deberán permitirlles interactuar con eles sen dificultades.
Pois polo menos non se esqueceron esta vez dos alumnos discapacitados e fálase de accesibilidade e de garantías para que os contidos cheguen a todos. E aínda que o marco do convenio non especifique máis como han de ser o posto informático, equipo o software, que por outra banda tampouco é conveniente, parécenos positivo. Esperemos que a concreción na realidade satisfaga a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario