Un usuario de ASPACE na exposición |
Dentro das actividades que
se están a celebrar co gallo do Ano Galego da Parálise Cerebral a Fundación Barrié acolle durante no mes
de marzo a exposición DIsCAPACIDAD! Organizada por ASPACE Galicia (Asociación
de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral y Afíns, entidade que engloba a todas as entidades de atención a nivel
nacional na Confederación ASPACE). Unha viaxe ao universo da parálisis
cerebral que foi inaugurada esta tarde por Beatriz Mato, conselleira de
Traballo e Benestar, acompañada por Eulogio López, presidente de ASPACE-Galicia.
Quedou inaugurada ás 20 horas do pasado xoves, 6 de marzo. Poderase visitar ata
o próximo 30 de marzo en horario de martes a domingo de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.
A mostra ten como
obxectivo facer visible ás persoas con parálise cerebral máis aló da súa
discapacidade. Consta dun percorrido en 36 imaxes do certame de fotografía da Confederación
ASPACE
dos últimos anos e que se organiza anualmente en colaboración coa empresa
farmacéutica IPSEN PHARMA. Móstrase á
sociedade a capacidade de loita das persoas con parálise cerebral ao mesmo
tempo reivindícase a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e o lecer,
e trata de implicar, aínda máis, ás familias, profesionais e voluntarios en mellorar
a calidade de vida e a participación social.
Acolle, tamén, un espazo
audiovisual dedicado ao programa radiofónico A Radio dos Gatos creado en 2011
por persoas con parálise cerebral de ASPACE-Coruña para promover a comunicación
e favorecer a súa integración social.
Na súa intervención a
conselleira de Traballo e Benestar recordou que a súa consellería destinou máis
de 4,1 millóns de euros anuais ao mantemento de 243 prazas públicas para este
colectivo, e aludiu á posta en marcha dunha carteira de servizos especializados.
Informou de que a Xunta traballa no desenvolvemento dunha nova Lei de
Accesibilidade, que se aprobará no actual período de sesións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario