A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, anunciou hoxe que o departamento que dirixe porá en marcha un Plan de reactivación da educación inclusiva para os alumnos con necesidades especiais.
Unha deputada denunciou que o Executivo galego está a preparar un decreto polo que a Xunta poderá escoller o centro onde estudará un neno con discapacidade, "negando asi o dereito dos pais a escoller o sistema educativo dos seus fillos".
Sobre isto, a ministra dixo que o seu ministerio non pode impedir a aprobación dun decreto autonómico, pero engadiu que a mellor garantía da educación inclusiva é a Lei Orgánica de Educación (LOE), "unha normativa de obrigado cumprimento para todas as autoridades educativas".
Dixo a ministra que a inclusión dos nenos con algún tipo de discapacidade no sistema educativo "é un dos principais obxectivos do ministerio", para o que se puxo en marcha unha comisión de seguimento sobre a aplicación do convenio da ONU relativo aos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Pola súa parte, a deputada que a interpelaba asegurou que en Galicia os pais con fillos con necesidades educativas especiais "se atopan con serias dificuldades para acceder a unha educación inclusiva, xa que o Goberno galego está trasladando a estes nenos a uns centros concretos".
"A consellería de Educación galega está a comunicar aos pais destes nenos o traslado dos seus fillos a centros de educación especial ainda que estiveron cursando os seus estudos en centros ordinarios", dixo.
Non sei o que vai a pasar, pero como pode a ministra asegurar cuestións que son da competencia do goberno galego?
Máis cedo que tarde sairemos de dúbidas cando se publique o decreto de atención a diversidade e, sobre todo, cando se desenvolva e se leve á práctica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario