Hai pouco engadín unha entrada a esta bitácora sobre o borrador do decreto de atención á diversidade. Hai bastante xente afectada que descoñece o que se está cocendo. Facendo clic no vínculo de abaixo aparece un documento de Word co texto do borrador e uns comentarios que desde a miña ignorancia e ousadía (xa se sabe que adoitan ir xuntas) fago ao citado decreto.
Penso que a cuestión é bastante importante: afecta a un colectivo de alumnos considerable, afecta á organización dos centros, afecta a un colectivo de profesionais tamén considerable e pérdese unha oportunidade de facer algo ben feito.
Penso, tamén, que os profesionais afectados teríamos que dicir algo, porque nos afecta e porque diso saberemos algo, aínda que non nos teñen, esa é a historia, moi en conta.
Borrador do decreto de atención á diversidade comentado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario