Páginas

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Borrador de decreto Atención á Diversidade


Cando o cambio máis grande é que os alumnos con necesidades educativas especiais pasen a chamarse alumnos con necesidade específica de apoio educativo hai que estar de acordo en que o cambio é cativo. Tampouco que as medidas a levar a cabo para atender a estes alumnos se teñan que rexer polos principios de normalización e inclusión, parece un gran cambio; disto falábase en Europa hai máis de trinta anos.
O borrador do decreto de Atención á Diversidade que xa circula por aí presenta algunha novidade, pero non para entusiasmarse. É positivo que se rexeite a discriminación e que os alumnos se distribúan equilibradamente entre todos os centros; se vai a conseguir isto ou, cando menos, intentalo. Tamén será conveniente tomar outras medidas como –por exemplo- non segregar aos alumnos en centros preferentes de escolarización segundo a discapacidade que os afecten, co pretexto de apoios e recursos que non existen e, se existen, son os mesmos que nos demais centros ordinarios. Para cando centros de recursos de educación especial organizados en módulos como o que funciona –e ben- en Navarra?
Xa se sabe que estes decretos son inconcretos e que non pasan de ser declaracións de intencións, pero dicir que a permanencia no ensino básico obrigatorio, establecido por norma xeral en dez anos, nos centros de educación especial poderá exceder dos límites establecidos en calquera das súas etapas e nos centros ordinarios que?…… o limbo.
Non se contemplan adaptacións curriculares para o bacharelato; se as hai para formación profesional ou no ensino de idiomas, cal é o motivo para que non as haxa en bacharelato? Un alumno paralítico cerebral cun nivel cognitivo aceptable para cursar estes estudos, pero con problemas de pronunciación non se lle pode adaptar o currículo na área de inglés no referente ás destrezas do speaking?
Os mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe nos institutos van ter que atender de forma oficial ao segundo ciclo da ESO. Sei que vai haber problemas. Tamén o persoal que traballo nos centros preferentes debería ser fixo e non o é e, así, non se pode facer un labor continuado; tampouco se racionaliza o catálogo dos postos de traballo -sobre todo nos institutos- dos elementos humanos que atenden á diversidade máis directamente (mestres de PT e de AL, coidadores, etc.).

Como é un borrador, esperemos que borren algo e aparezan cousas novas. Sindicatos e asociacións de profesionais terán algo que dicir.
Consultar decreto: clic aquí.




2 comentarios:

  1. Hola me llamo kenia y vivo en españa, me gusta la información que aportas, ya me pasaré mas a leerte, tengo una niña de 4 años con diplejia espástica, escolarizada en escuela de integración, tiene dificultad solo a nivel motorico grueso, nuestro blog por si nos quieres visitar :
    diarioconmihija.blogspot.com
    y se llama el blog MI CAMPEONA.
    UN SALUDO KENIA

    ResponderEliminar
  2. Hola Kenia, gracias por la atención prestada a mi blog.
    Yo también he visitado el tuyo, aunque muy rápidamente; prometo hacerlo de forma más detenida. Me encanta ver los blogs de las madres que tienen hijos con alguna discapacidad, y digo madres porque blogs de padres hay pocos. Me emociona el optimismo y la alegría con los que afrontan el "problema". Saludos para tu campeona. Ánimo.

    ResponderEliminar