Páginas

miércoles, 22 de octubre de 2008

A Fundación Down Compostela organiza o II Congreso en novembro


A Fundación Down Compostela organizará o II Congreso Galego Síndrome de Down do 20 ao 23 de novembro vindeiro. O lema deste é "Dependencia-Independencia". Celebrarase no CIFP Politécnico de Santiago.

Reunirá a recoñecidos profesionais e investigadores de ámbito nacional e internacional, a familiares e a persoas con síndrome de Down. Unha parte do Congreso tratará sobre a Lei 39/2006 o Lei de Promoción de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia.

O programa, a relación dos relatores e as condicións da inscrición están na páxina web de Down Compostela.


Vínculo á páxina web de Down Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario