Estase a celebrar no Centro de Formación e Recursos de A Coruña e programado pola asesoría de Orientación e Integración, o curso sobre a Estimulación Sensorial na Integración do Alumno con Discapacidade. É a primeira vez que en Galicia se celebra unha actividade deste tipo dirixida á comunidade educativa e referida aos contextos educativos ordinarios.
As salas multisensoriais, nos seus diversos enfoques, están dirixidas a estimular os sentidos primarios sen necesidade dun recoñecemento cognitivo da actividade proposta e persegue obxectivos como a relaxación, eliminación ou diminución de estereotipias, modificación de condutas, etc
Son estímulos para aumentar ou diminuír o nivel de alerta e favorecer a maduración do sistema nervioso central, favorecer respostas motoras normais, mellorar aprendizaxes e propiciar un mellor contacto co contorno.
Esperemos que nos aproveite a todos.
- Enlace ao CEFORE (Centro de formación e Recursos de A Coruña)
- Artigo sobre aula multisensorial con paralíticos cerebrais (clic aquí)
- Outro artigo na Revista EDUGA (clic aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario