Páginas

lunes, 3 de marzo de 2008

INTEGRACIÓN 2.0



Non imos falar de web 2.0 ou de educación 2.0. Parece que iso xa está case dado por feito, sobre todo se falamos de web 2.0, pois xa é unha realidade. Non parece que vaia por bo camiño –polo menos parécemo a min- o que poderíamos chamar educación 2.0 –aínda que no mundo anglosaxón chaman a este fenómeno e-learning 2.0 (e-aprendizaxe 2.0). Por que motivo? Pois porque queda pouco daquel principio construtivista no que o alumno constrúe a súa aprendizaxe ao seu xeito, pois agora trocou no mundo das TICs en algo así como querer acumular moito de todo, sen unha mirada crítica ou un pensamento reflexivo. Atopámonos con que a web 2.0 proporciona: bitácoras, writely para facer bitácoras ou calquera outra cousa, servizos RSS, podcast, buscadores eficientes, Google maps, Bubbleshare ou Flickr, soft beta, o mundo Wiki,…..e xa hai algún que pensa que está todo feito; non estarán mais acertados os que chaman a este fenómeno e-aprendizaxe que os que o chaman educación?

E como queda de enredado na rede algo hipotético, pero que eu penso que pode ser moi factible: a integración 2.0 ou a atención á diversidade 2.0. Poderíase manter na rede colectivos estables –como TADEGa- que redefiniran o uso de todas estas ferramentas e se implicarían na mellora dos proxectos e programas a nivel global sabendo sempre o que se quere acadar e darlle un verdadeiro enfoque construtivista ao ensino aprendizaxe. Porque pregunto eu: un alumno con parálise cerebral que ten necesidade de usar un ordenador con interface e periféricos adaptados para o seu traballo que é o que está utilizando, unha ferramenta ou unha prótese?, porque se llo quitan non pode facer nada, úsao como quen usa lentes. Non o fai co mesmo propósito que o estou facendo eu agora. Outros confunden o medio co fin, porque saber ou poder manexar o ordenador para acceder á información non é o fin….Sería bo sentar os principios da integración 2.0?


No hay comentarios:

Publicar un comentario