Páginas

jueves, 4 de julio de 2013

Inclusión e realidade



Asistimos á marcha atrás na escola inclusiva, a chamada crise é a escusa para que se suscite a vella organización do sistema escolar e a atención á diversidade. Aos políticos, ao staff oficialista, ao stablishment educativo e, en definitiva, aos que seguen o discurso oficial se lles enche a boca de integración, inclusión e outras verbas escollidas, mais se rañas un pouco te decatas que son palabras baleiras. Un exemplo nesta carta duns alumnos.
Estimado Señor Inspector:
Cadeira de rodas.
Somos os alumnos e alumnas de 1º A do I.E.S. Castro de Baronceli. Dirixímonos a vostede para informarlle de que un de nós, M., ten unha discapacidade motora, e cústalle moito desprazarse polo centro, xa que ten que ir nunha cadeira de rodas a maioría das veces. Polo tanto non puido acceder ao segundo andar para disfrutar de actividades connosco como por exemplo:
Contacontos, o mago, o xogo das pistas, a hora de titoría... (realizáronse na biblioteca); decorado e árbore de nadal, o cartel das Letras Galegas e do entroido (realizáronse na aula de plástica e visual); visionado de distintas películas e cortos de animación, distintas conferencias... (realizáronse na aula de audiovisuais).
Para integrar a M. nestas actividades e noutras dos vindeiros cursos, necesitamos utilizar o ascensor do centro. Este non funciona porque o centro non pode afrontar o pago e o mantemento que precisa, polo que solicitámoslle que nos axude a incluir o noso compañeiro nestas actividades e noutras posibles que se realizarían en anos vindeiros.
Mandámoslle un cordial saúdo: os alumnos e alumnas de 1ºA
Lido en: H2O_Na_Cl_AL