Intención

Esta bitácora está dedicada a los alumnos con necesidades educativas especiales, sobre todo a los alumnos con discapacidad motora (parálisis cerebral, espina bífida, distrofia muscular,....); en términos de hoy, a los alumnos con diversidad funcional. También proporciona recursos para la intervención en alumnos discapacitados motóricos (principalmente con parálisis cerebral) y opiniones o noticias sobre temas educativos. Es decir: nos preocupa y nos ocupa la educación inclusiva.

Decía Carl Rogers, padre de la psicología existencial humanista, refiriéndose a la empatía, que ésta es como ponerse los zapatos del otro y hacer un buen trecho del camino. Esta bitácora pretende, también, ponerse esos zapatos.

Por otra parte, tenemos el convencimiento de que:

- La accesibilidad e inclusividad del contexto aumenta o disminuye la diferencia entre capacidad y rendimiento y hace que la persona sea más o menos discapacitada. Diseñemos contextos inclusivos.

- Una persona es más o menos competente dependiendo de cómo esté configurado su escenario vital y sus diferentes contextos. La discapacidad está en los contextos, no en las personas.

- Lo peor de una discapacidad no son los inconvenientes físicos que produce, sino la posible ausencia de bienestar psicológico y estar próximo a la exclusión social o ya inmerso en ella.

- Ningún sistema educativo se puede considerar de calidad si no tiene una respuesta para atender a la diversidad.

- El mundo está diseñado por personas sin discapacidad para personas sin discapacidad, por eso podemos afirmar que la discapacidad se construye socialmente. No contribuyamos a esto y hagamos una sociedad inclusiva.

________________________________________________________Javier Martín Betanzos

lunes, 22 de diciembre de 2014

Nova Lei de Accesibilidade de Galicia



Cadeira de rodas miniatura sobre unha man
No DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado día dezasete deste mes publícase a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. A  lei comprende un título preliminar e catro títulos, desenvolvidos en setenta artigos, ademais de oito disposicións adicionais, seis disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e catro disposicións derradeiras.
O obxectivo desta lei é garantirlles ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e co deseño para todos respecto dos contornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como en relación cos obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que estes se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e do xeito máis autónomo e natural posible.
Fundaméntase en oito principios: a) Accesibilidade universal, b) Deseño para todas as persoas, c) Inclusión social, d) Igualdade de oportunidades, e) Vida independente, f) Diálogo civil, g) Normalización e h) Transversalidade das políticas en materia de discapacidade.
A lei define a accesibilidade como o conxunto de características que teñen que reunir os contornos, procesos, produtos e servizos, así como os obxectos e instrumentos, as ferramentas e os dispositivos, para seren comprensibles e utilizables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. Tamén define outros conceptos como accesible, axustes razoables, barreiras arquitectónicas, na comunicación e actitudinais, deseño para todas as persoas, espazos públicos organizados, espazos libres públicos, itinerario peonil, medidas de apoio (produtos, persoais e animais), mobiliario urbano, obras de ampliación, modificación ou rehabilitación, obra de nova construcción, discapacidade  (física incluíndo a orgánica, sensorial, intelectual e mental), persoas con mobilidade reducida, transporte público, uso residencial de vivenda, discriminación directa, discriminación indirecta, discriminación por asociación e acoso.
O ámbito de aplicación abrangue:
a) Espazos públicos urbanizados, infraestruturas e edificación.
b) Transportes.
c) Telecomunicacións e sociedade da información.
d) Bens e servizos á disposición do público e relacións coas administracións públicas.
O capítulo  primeiro do título primeiro está adicado ás disposicións sobre as condicións de accesibilidade para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.
O capítulo segundo  adícase ás disposicións sobre accesibilidade na edificación. Este capítulo, para nós é especialmente importante, sobre todo no que se refire aos edificios públicos, onde as persoas con diversidade funcional acoden ao médico, estudan ou tratan de resolver os seus problemas cotiáns, entre outras actividades tamén importantes. Segue a haber edificios de titularidade pública sen ser accesibles; así podemos encontrar centros de educación que escolarizan alumnos con diversidade funcional motora sen ser totalmente accesibles; se non conseguimos isto tan elemental os outros aspectos da accesibilidade serán exquisiteces. Os edificios públicos que non son accesibles deben reformarse, do contrario esta lei será pouco crible.
O terceiro capítulo trata das disposicións sobre accesibilidade no transporte. O transporte público segue a ser pouco accesible a día de hoxe. As persoas con problemas de mobilidade por discapacidade física, sensorial ou doutro tipo ou por calquera falta de autonomía deberían contar con tarxeta de accesibilidade para lles garantir os beneficios a que teñen dereito e o recoñecemento desa discapacidade.
Os artigos 34 e 35 do capítulo cuarto expoñen as disposicións sobre accesibilidade na comunicación con referencia á accesibilidade dos sistemas de comunicación e sinalización e á sociedade da información e das telecomunicacións.
O capítulo quinto regula o coñecido símbolo internacional da accesibilidade que debe ser conforme á norma internacional ISO 7000, que regula unha figura en cor branca sobre fondo azul Pantone Reflex Blue.
O capítulo sexto refírese ao acceso aos bens e servizos á disposición do público e relacións coas administracións públicas.
O título segundo cun único capítulo fai referencia ás medidas e instrumentos de control.
No capítulo primeiro do título terceiro exponse o réxime sancionador para as infraccións e as sancións. As infraccións serán sancionadas con multas que irán desde un mínimo de 301 euros ata un máximo de 1.000.000 de euros.
O título sexto presenta as funcións e funcionamento do Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras. Comisión Técnica de Accesibilidade.
As leis poden ser boas, malas ou regulares, esta parece completa. Pero o máis definitivo é a vontade de facela cumprir e dotar cos medios precisos aos que a teñen que facer cumprir.
Hai aspectos da lei que se non se desenvolven con normas axeitadas e os orzamentos necesarios pois o único que se logra é que quede moi bonito. A xeito de exemplo temos o asistente persoal. Dentro das medidas de apoio, que son aquelas que actúan como intermediario entre o contorno e a persoa con discapacidade, que lle permiten mellorar a calidade de vida e/ou incrementar a autonomía persoal temos o asistente persoal, algo que ven demandando o colectivo hai tempo, pero que non acaba por consolidarse. A lei defíneo como a persoa preparada para a mobilidade das persoas con discapacidade. Eu coido que as súas funcións son máis extensas. Isto abondaría na consecución dunha verdadeira vida independente e nunha maior desinstitucionalización da discapacidade.
Por outra banda, neste intento por fixar os conceptos hai un que, especialmente, non me gusta, Discapacidade intelectual: funcionamento intelectual inferior á media da poboación, con perturbacións na aprendizaxe, na maduración e no axuste social. Iso de inferior á media soa bastante artificioso e vacuo.
En xeral parece unha lei moi completa, o mellor de todo sería que se cumprise e que houbese unha mellor disposición dos xestores públicos responsables de edificios, vías, xardíns, tecnoloxías, servizos, etc. para levar a cabo esta norma e que as persoas con diversidade funcional encontrasen no día a día elementos accesibles e, sobre todo, usables. 

_____________________________
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...