Intención

Esta bitácora está dedicada a los alumnos con necesidades educativas especiales, sobre todo a los alumnos con discapacidad motora (parálisis cerebral, espina bífida, distrofia muscular,....); en términos de hoy, a los alumnos con diversidad funcional. También proporciona recursos para la intervención en alumnos discapacitados motóricos (principalmente con parálisis cerebral) y opiniones o noticias sobre temas educativos. Es decir: nos preocupa y nos ocupa la educación inclusiva.

Decía Carl Rogers, padre de la psicología existencial humanista, refiriéndose a la empatía, que ésta es como ponerse los zapatos del otro y hacer un buen trecho del camino. Esta bitácora pretende, también, ponerse esos zapatos.

Por otra parte, tenemos el convencimiento de que:

- La accesibilidad e inclusividad del contexto aumenta o disminuye la diferencia entre capacidad y rendimiento y hace que la persona sea más o menos discapacitada. Diseñemos contextos inclusivos.

- Una persona es más o menos competente dependiendo de cómo esté configurado su escenario vital y sus diferentes contextos. La discapacidad está en los contextos, no en las personas.

- Lo peor de una discapacidad no son los inconvenientes físicos que produce, sino la posible ausencia de bienestar psicológico y estar próximo a la exclusión social o ya inmerso en ella.

- Ningún sistema educativo se puede considerar de calidad si no tiene una respuesta para atender a la diversidad.

- El mundo está diseñado por personas sin discapacidad para personas sin discapacidad, por eso podemos afirmar que la discapacidad se construye socialmente. No contribuyamos a esto y hagamos una sociedad inclusiva.

________________________________________________________Javier Martín Betanzos

jueves, 29 de abril de 2010

Un centro dixital non é un centro con ordenadores

Esquema conceptual do Proxecto Abalar
Un centro educativo dixital non é un centro con ordenadores, é un centro que transcende máis aló. Nel ten que haber un proxecto, onde a organización, xestión e concreción do ensino-aprendizaxe cambien radicalmente e os docentes pasen a ser administradores do coñecemento, empregando unhas tecnoloxías que favorecen a comunicación e o intercambio de información. Pero para iso o profesor debe ser consciente de que debe cambiar non só o seu rol, senón a filosofía e metodoloxía da educación. Ocorre isto nos centros educativos? Non. Van chegar os portátiles e o ensino vai seguir igual. A ver nenos, buscade en Google “Camiño de Santiago” a ver se ven algunha foto que aquí no libro veñen poucas”. Se isto vai acontecer así, é mellor aforrar os cartos e pasar dos portátiles.
Fálase na presentación do proxecto de:
·Un novo modelo educativo en Galicia.
·Unha aprendizaxe colaborativa, investigación e aprendizaxe activa e interactiva.
·Desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances  tecnolóxicos na educación. Eu, persoalmente, teño moito interese en saber como vai ser isto.
·Establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
No portal da Consellería apareceu onte, respostas ás preguntas que se poden facer os centros diante da posta en práctica do Proxecto Abalar. É un documento onde se dan respostas tipo funcionario a posibles preguntas. Polo que respecta ao condicionamento das aulas  para acoller este proxecto os centros recibiron uns cartos (que eu saiba a nivel de secundaria é así, non sei en primaria) para que eles mesmos xestionen este acondicionamento e pidan orzamento a empresas especializadas, non hai especificacións moi claras de como debe ser esa infraestrutura e polo que interesa ao obxectivo e razón de ser desta bitácora bótase en falta referencias á accesibilidade e acondicionamento específicos para alumnos discapacitados físicos. Neste punto convén recordar o convenio que se pode ler nesta mesma bitácora.
Enlaces que se citan:

_____________________________
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...