Intención

Esta bitácora está dedicada a los alumnos con necesidades educativas especiales, sobre todo a los alumnos con discapacidad motora (parálisis cerebral, espina bífida, distrofia muscular,....); en términos de hoy, a los alumnos con diversidad funcional. También proporciona recursos para la intervención en alumnos discapacitados motóricos (principalmente con parálisis cerebral) y opiniones o noticias sobre temas educativos. Es decir: nos preocupa y nos ocupa la educación inclusiva.

Decía Carl Rogers, padre de la psicología existencial humanista, refiriéndose a la empatía, que ésta es como ponerse los zapatos del otro y hacer un buen trecho del camino. Esta bitácora pretende, también, ponerse esos zapatos.

Por otra parte, tenemos el convencimiento de que:

- La accesibilidad e inclusividad del contexto aumenta o disminuye la diferencia entre capacidad y rendimiento y hace que la persona sea más o menos discapacitada. Diseñemos contextos inclusivos.

- Una persona es más o menos competente dependiendo de cómo esté configurado su escenario vital y sus diferentes contextos. La discapacidad está en los contextos, no en las personas.

- Lo peor de una discapacidad no son los inconvenientes físicos que produce, sino la posible ausencia de bienestar psicológico y estar próximo a la exclusión social o ya inmerso en ella.

- Ningún sistema educativo se puede considerar de calidad si no tiene una respuesta para atender a la diversidad.

- El mundo está diseñado por personas sin discapacidad para personas sin discapacidad, por eso podemos afirmar que la discapacidad se construye socialmente. No contribuyamos a esto y hagamos una sociedad inclusiva.

________________________________________________________Javier Martín Betanzos

jueves, 20 de marzo de 2008

EL ORDENADOR E INTERNET NO HAN CAMBIADO LA ENSEÑANZA

Un profesor vasco –Sergio Monge- afirma que el ordenador e Internet no han cambiado la enseñanza. Esto lo afirma en una tesis doctoral (sobresaliente cum laude): "Nuestro mundo ha cambiado a consecuencia de la tecnología y la escuela no lo ha hecho"

El estudio está realizado en Educación Secundaria y localizado en el País Vasco, esta comunidad presenta una de las mejores ratio de ordenadores por número de alumnos de toda España. Sin embargo, los resultados no han sido los esperados.

Una de las causas del fracaso es, según Monge, "el miedo del profesor al nuevo modelo". La idea del docente transmisor de cultura ahora no vale, ya que no controla todas las fuentes. "Con Internet, sus alumnos tienen fuentes alternativas"

El nuevo doctor, en su tesis, da una serie de recomendaciones que van, casi todas, en la línea de más de lo mismo: uso intensivo de los equipos, la consabida poca formación de los profesores, software libre, etc

Sin embargo en la fuente de donde extraigo la información –versión digital del diario Público- no se menciona que se habrá conseguido cuando todos los escolares tengan un dominio experto de los ordenadores o, como se dice ahora, sean competentes en su uso.

Fuente: http://www.publico.es/ciencias/060244/internet/ordenador/cambiado/ensenanza

(Consulta: 17.03.08)

_____________________________

LA PARÁBOLA DEL PESCADOR

Una vez leí en un libro sobre educación permanente –no recuerdo ahora el título- la siguiente historia que cuento con la poca fidelidad de que es capaz mi memoria:

Un hombre que vivía en los Estados Unidos quiso pasar su tiempo libre dedicado a la pesca. Compró una buena lancha, un remolque para ella y como su coche era pequeño y viejo para tirar de las dos cosas, también compró un nuevo coche. Por supuesto compró los mejores aparejos, cebos y todo lo necesario.

Una vez lo tuvo todo se dirigió hacia los Grandes Lagos, recorriendo más de doscientos kilómetros. Cuando llegó preparó todo y se adentró en el agua con su flamante lancha y mucho orgullo, en la orilla quedaba un pobre viejo con un mísero sedal y una caña tan vieja como él. Nuestro hombre apenas reparó en él, pero si vio como su cesta estaba llena de peces y pensó: si este viejo pescó todo eso, qué no pescaré yo con todos mis aparejos.

Pasaron horas y nuestro pescador, aburrido, volvió hacia la orilla sin haber pescado nada. El viejo lo miró y dijo para sí: ¡Qué no habría pescado yo con todos esos aparejos!

Pienso que se entiende bien: El aparataje con que, a veces nos rodeamos en nuestro quehacer diario como profesores, realmente ¿sabemos para qué lo queremos, o nos estará pasando lo que al pescador?

_____________________________

miércoles, 12 de marzo de 2008

MÁIS SOBRE INTEGRACIÓN 2.0

Sen as axudas que moitos alumnos poden dispor na actualidade non terían avanzado na súa integración, como o están a facer hoxe en día. Estas axudas teñen que ser entendidas como medios que posibilitan ou axudan ao alumno a acceder ao currículo, a comunicarse ou a desenvolver actividades da vida diaria e nunca deben ser contempladas como un fin en si mesmas. Cando penso nos alumnos que se valen das novas tecnoloxías case sempre penso nos alumnos discapacitados motóricos, pero hai unha grande variedade de alumnos con diversas discapacidades –ou na terminoloxía que se quere impor, diversidade funcional- mais hai que escoller segundo a súa idade, nivel cognitivo e características desa diversidade. Cando utilizamos as novas tecnoloxías –case sempre o ordenador con toda clase de periféricos ad hoc e adaptacións- e as usamos cun determinado fin estamos facendo unha declaración de principios e, quizais tamén, unha declaración da nosa filosofía da educación e do propósito desta. Así os nosos alumnos válense do ordenador (Martín-Betanzos: 2007):

Para usar os programas que utilizan os outros usuarios adaptándoos convenientemente e facéndoos mais accesibles.

  • Como instrumento para a comunicación.
  • Como vehículo curricular.
  • Como instrumento lúdico.
  • Para explorar o mundo.
  • Como ferramenta de aprendizaxe.
  • Como prótese.
  • Como medio para atinxir maior autonomía persoal usándoo para controlar o entorno.

Sen embargo hai que ter en conta algunhas consideracións importantes no uso das novas tecnoloxías, particularmente no uso do ordenador.

A máis importante, coido eu, é unha pregunta, que por obvia, esquécese moitas veces: para que queremos o ordenador? Segundo

Por outra parte, o feito de compartir contidos (feito fundamental na web 2.0) lonxe de ser algo antisocial como queren facernos ver algúns, é algo que pode favorecer aos alumnos con problemas de aprendizaxe, a alumnos desarraigados ou próximos á exclusión social e á atención á diversidade en xeral pola posibilidade intrínseca de compartir e aprender xuntos.

Para acabar usar o ordenador e todas as ferramentas da web 2.0 pode integrar ao alumno, non xa na aula, senón no mundo, pois, ás veces, non o está. Pero no caso de alumnos con bastantes problemas para aprender hai que:

- Avaliar se o suxeito reúne as capacidades necesarias para o manexo deste material, sopesando as posibilidades cognitivas, perceptivas e físicas. É conveniente que esta avaliación a faga, a ser posible, unha persoa con experiencia.

- Antes de tomar a decisión, e se esta é sobre un programa ou ferramentas concretas, convén ter en conta os seus requerementos e comprobar se o hardware de que dispomos pode mover os programas en cuestión para non converter a situación en frustrante.

- Pensar, aínda que semelle unha obviedade, se a interface co usuario (a conexión que o programa ou dispositivos establece con quen os manexa) é a adecuada ao noso alumno (non a nós mesmos).

Volvendo á web 2.0 para todos, nesta tecnoloxía o que é importante recoñecer –di Downes- é que a aparición da Web 2,0 non é unha revolución tecnolóxica, é unha revolución social, porque é unha actitude, non unha tecnoloxía e, ao meu xeito de ver, iso é o mais importante e o definitivo no camiño cara á integración en tódolos sentidos.

__________________

MARTÍN BETANZOS, JAVIER. (2007). Guía para la evaluación, orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios. Madrid. Editorial EOS
http://www.downes.ca/me/index.htm (consultada en 08.03.08)
http://www.elearnmag.org/subpage.cfm?section=articles&article=29-1
(consultada en 08.03.08)

_____________________________

lunes, 3 de marzo de 2008

INTEGRACIÓN 2.0



Non imos falar de web 2.0 ou de educación 2.0. Parece que iso xa está case dado por feito, sobre todo se falamos de web 2.0, pois xa é unha realidade. Non parece que vaia por bo camiño –polo menos parécemo a min- o que poderíamos chamar educación 2.0 –aínda que no mundo anglosaxón chaman a este fenómeno e-learning 2.0 (e-aprendizaxe 2.0). Por que motivo? Pois porque queda pouco daquel principio construtivista no que o alumno constrúe a súa aprendizaxe ao seu xeito, pois agora trocou no mundo das TICs en algo así como querer acumular moito de todo, sen unha mirada crítica ou un pensamento reflexivo. Atopámonos con que a web 2.0 proporciona: bitácoras, writely para facer bitácoras ou calquera outra cousa, servizos RSS, podcast, buscadores eficientes, Google maps, Bubbleshare ou Flickr, soft beta, o mundo Wiki,…..e xa hai algún que pensa que está todo feito; non estarán mais acertados os que chaman a este fenómeno e-aprendizaxe que os que o chaman educación?

E como queda de enredado na rede algo hipotético, pero que eu penso que pode ser moi factible: a integración 2.0 ou a atención á diversidade 2.0. Poderíase manter na rede colectivos estables –como TADEGa- que redefiniran o uso de todas estas ferramentas e se implicarían na mellora dos proxectos e programas a nivel global sabendo sempre o que se quere acadar e darlle un verdadeiro enfoque construtivista ao ensino aprendizaxe. Porque pregunto eu: un alumno con parálise cerebral que ten necesidade de usar un ordenador con interface e periféricos adaptados para o seu traballo que é o que está utilizando, unha ferramenta ou unha prótese?, porque se llo quitan non pode facer nada, úsao como quen usa lentes. Non o fai co mesmo propósito que o estou facendo eu agora. Outros confunden o medio co fin, porque saber ou poder manexar o ordenador para acceder á información non é o fin….Sería bo sentar os principios da integración 2.0?


_____________________________
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...